Perfil

Advogado - Nascido em 1949, na Ilha de SC/BR - Ateu - Adepto do Humanismo e da Ecologia - Residente em Ratones - Florianópolis/SC/BR

Mensagem aos leitores

Benvindo ao universo dos leitores do Izidoro.
Você está convidado a tecer comentários sobre as matérias postadas, os quais serão publicados automaticamente e mantidos neste blog, mesmo que contenham opinião contrária à emitida pelo mantenedor, salvo opiniões extremamente ofensivas, que serão expurgadas, ao critério exclusivo do blogueiro.
Não serão aceitas mensagens destinadas a propaganda comercial ou de serviços, sem que previamente consultado o responsável pelo blog.



quarta-feira, 25 de julho de 2012

EQUIDEOCULTURA - Rapa das bestas



Obs.: texto em língua da região

Na actualidade (2010) ten máis de 600 cabalos chamadas bestas as femias e garañóns os machos, divididos en 14 mandas, que viven ceibos nunha extensión de máis de 200 km² de monte. Esta celebración consiste, coma noutros curros, en recoller os cabalos do monte, metelos ao curro, rapalos e marcalos na actualidade con microchips.
O de Sabucedo é o curro máis coñecido e presenta ademais trazos propios que o diferencian dos outros. Entre estas diferenzas a mais importante consiste en que en Sabucedo non se utilizan cordas, paus ou aparellos para reducir ao animal. Os "aloitadores", que son os que se encargan de suxeitar a besta ou garañón namentres se procede á rapa, usan tan só a súa destreza e o seu corpo para realizar a súa labor. Outra especificidade da rapa das Bestas de Sabucedo e que a "Baixa" ou actividade de xunta e condución das bestas ao lugar de Sabucedo forma parte da propia celebración e participan nela centos de persoas de Galiza e de fora do país.
O sábado pola mañá, moi cedo antes de subir ao monte, celébrase unha emotiva misa onde se pide a San Lourenzo (patrón de Sabucedo) para que non aconteza ningún accidente ou desgraza durante a festa.
A rapa é realizada polos aloitadores. O acto da Rapa é asemade segundo o estudoso Manuel Cabada, unha iniciación simbólica do paso do neno á mocidade, ao agarrar por primeira vez un poldro guiado e dirixido polos maiores.

Historia

Xa a principios do século XVIII se teñen noticias da primeira celebración festiva da baixa das bestas do monte, a súa posterior rapa e o marcado dos poldros novos. Aínda así crese, e algúns estudosos como Manuel Cabada recollérono nos seus libros, que a tradición é moito máis antiga e incluso podería ser prerromana posto que se atoparon diversos petróglifos na zona, onde se representan a homes sobre cabalos.
Antigamente o curro estaba a carón da igrexa parroquial, pero a finais do século XX mudouse a unha zona despoboada cara ao norte da aldea.
En 2007 a festa foi declarada de Interese Turístico Internacional, quedando así entre as catro que teñen este galardón en Galiza.

Fonte: Wikipedia


-=-=-=-=-=





Nenhum comentário: